O BNG facilita que o PSdeG teña un posto na Mesa do Parlamento

A pesar de poder ocupar os dous postos, os nacionalistas decidiron manter a pluralidade na Mesa da Cámara.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2024 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

O Grupo Parlamentario do BNG propón que Montse Prado repita como vicepresidenta segunda na Mesa da Cámara autonómica e avanzou que os nacionalistas favorecerán que o PSOE estea no órgano reitor. Respecto diso, fontes socialistas confirmaron a Europa Press que será a cabeza de lista pola Coruña, Patricia Iglesias.

Segundo comunicaron fontes do grupo, o Bloque decidiu "ceder" o posto ao terceiro grupo da Cámara, que ten nove escanos, "en aras de visibilizar a pluralidade tamén nos órganos de dirección", como xa fixo na lexislatura pasada.

Ademais dos 40 deputados do PPdeG, con maioría absoluta, o BNG logrou 25 representantes na Cámara lexislativa, o seu máximo histórico, fronte ao PSOE, que tivo nove e un por Democracia Ourensá.

A deputada do BNG Montse Prado porta un caravel con motivo do 25 de abril
A deputada do BNG Montse Prado porta un caravel con motivo do 25 de abril | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Acaban de elixir ao Presidente de Cámara coa seguinte votación: 40 a favor de Santalices / 1 a favor de Armando Ojea / 34 Abstencións. Quere isto dicir que BNG e PSdG (Ana Pontón ~ Besteiro) pensan pasar 4 anos sen facer absolutamente nada na Cámara Galega (agás preparar as seguintes eleccións?) Como era aquel xogo, de Oca a Oca e tiro porque me toca ? Para iso cedemos o posto na Mesa da Misa (Non queremos máis homilias, queremos lexislación que permita baixar prezos e mellorar servizos públicos !) Vai ser que non toca...